
Este blog queda oficialmente pechado, grazas por perdelo tempo entrando nel e polos vosos comentarios. Unha aperta!!
O premio anual World press photo saca na súa web entrevistas aos fotógrafos premiados deste ano e do pasado. Entre eles a española Cristina García Rodero polas fotografías de rituais no Caribe, impresionantes fotos. A entrevista acheganos unhas reflexións moi interesantes desta veterana fotógrafa, sen dúbida un referente mundial no mundo da fotografía. E entre os gañadores do pasado ano o galego José Cendón, fotografo santiagués, premiado neste certame pola súa impresionante obra sobre centros de saude mental na Africa.