martes, 17 de junio de 2008

WorldPressPhoto


Este blog queda oficialmente pechado, grazas por perdelo tempo entrando nel e polos vosos comentarios. Unha aperta!!
O premio anual World press photo saca na súa web entrevistas aos fotógrafos premiados deste ano e do pasado. Entre eles a española Cristina García Rodero polas fotografías de rituais no Caribe, impresionantes fotos. A entrevista acheganos unhas reflexións moi interesantes desta veterana fotógrafa, sen dúbida un referente mundial no mundo da fotografía. E entre os gañadores do pasado ano o galego José Cendón, fotografo santiagués, premiado neste certame pola súa impresionante obra sobre centros de saude mental na Africa.



lunes, 14 de abril de 2008

República



Boas!! Aqui deixovos unhas fotos q fixen sta mañá na praza xoan carlos I, na avenida Diagonal con Paseo de Gracia.

martes, 4 de marzo de 2008

Celtic


Éste mediodía paseino cos xiraeiros do Celtic, xente agradable e festeira, a verdade e q déronme ganas de quedar con eles. Na festa que lle organizou o concello de Barcelona tiñan peazo caldeirada de paella e birra, birra, e máis birra.


Inda q había algúns q xa traía barris propios, coma estes..
O dito, moi boa xente e sen dúbida os mellores xiareiros que pode ter un equipo.
A continuación amósovos un video que pon os peos de punta, todo o estadio dos celtic cantando o
Aupa Celtic!!

viernes, 29 de febrero de 2008

Weegee



Cun estilo duro e directo, a golpe de flash, Weegee fíxose famoso gracias as súas fotografías de sucesos na cidade de Nova York durante os anos 30. Ainda que tamén retratou a sociedade neoiorquina, as clases altas e os pobres, os amantes..Bio



Máis en Weegee`s World

domingo, 17 de febrero de 2008